InicioOccidentalViveiroVeciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Os feitos tiveron lugar en abril de 2021, cando o home enviou este vídeo a través de WhatsApp por erro a outra persoa, que o denunciou na Comisaría Nacional de Policía de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de pornografía infantil a través do teléfono móbil tras chegar a un acordo coa Fiscalía no Xulgado do Penal número 1 de Lugo.

Ao home, de nacionalidade española e sen antecedentes penais, pedíanselle en principio catro anos de prisión por esta circunstancia, pero finalmente non chegou a celebrarse o xuízo ao aceptar os feitos e asumir esa condena, aínda que non irá a prisión porque se lle suspendeu a execución da mesma ao ser esta inferior a dous anos.

Os feitos tiveron lugar en abril de 2021, cando o home enviou este vídeo a través de WhatsApp por erro a outra persoa, que o denunciou na Comisaría Nacional de Policía de Viveiro.

No vídeo víase a unha nena duns 12 anos masturbándose, pero sen que se recoñecese o rostro da mesma. No rexistro posterior do teléfono do home atopáronse outro tres vídeos tamén de contido pedófilo, con menores espidos mantendo relacións sexuais explícitas.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...