InicioOccidentalViveiroMarcha de conmemoración en Viveiro para o 8M

Marcha de conmemoración en Viveiro para o 8M

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acollerá diversos actos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, incluíndo unha marcha, un acto simbólico e a tradicional Cea da Muller.

A xornada comezará coa marcha reivindicativa, que sairá ás 11:00 horas desde os Castelos e percorrerá as rúas principais ata a Praza Maior. Unha vez alí, desenvolverase un acto simbólico de solta de bolboretas de papel, nas que se recollerán frases e mensaxes relacionadas coa defensa da igualdade e a loita polos dereitos das mulleres. A continuación procederase á lectura dun manifesto, co que se pechará o acto institucional da mañá.

Ademais, como parte das actividades previstas, o sábado 15 de marzo celebrarase a Cea da Muller, que terá lugar no restaurante Louzao a partir das 22:00 horas.

En relación á programación do 8M, Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Igualdade de Viveiro, sinalou que “estes actos pretenden poñer en valor o papel das mulleres na sociedade e lembrar que a loita pola igualdade segue sendo necesaria cada día”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...