InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro repón árbores en varias zonas da cidade

O Concello de Viveiro repón árbores en varias zonas da cidade

Repuxéronse árbores en varias áreas da vila e Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

A área de Parques e Xardíns, dependente da Tenencia de Alcaldía, continúa co seu plan de reposición de árbores en diversos espazos urbanos co obxectivo de mellorar a contorna e recuperar eses exemplares perdidos por diversas causas como por exemplo, por enfermidades.

“Nos Xardíns Noriega Varela plantáronse catro novas árbores, mentres que na rúa Urban foron engadidas tres. Tamén se colocaron dúas árbores en Travesía, unha na contorna da estación de autobuses e dúas no Centro Comarcal. Ademáis, no Centro de Saúde está prevista a plantación de entre catro e cinco exemplares”, explica Miriam Bermúdez, tenente da alcaldesa.

Por outra banda, na zona da piscina municipal e na estrada de Celeiro instaláronse nove árbores. Aínda que, tal como explica a tenenta, “en algúns casos, a colocación viuse dificultada pola presenza de tocos verdes que non puideron ser retirados por completo”, engade.

Segundo Bermúdez, “esta actuación enmárcase dentro da estratexia da Tenencia de Alcaldía para a mellora dos espazos verdes, apostando pola sustentabilidade e a recuperación da masa arbórea na cidade”, explica.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...