InicioOccidentalViveiroViveiro instalará vitrinas informativas nas parroquias

Viveiro instalará vitrinas informativas nas parroquias

Esta iniciativa responde “á necesidade de fortalecer a conexión entre o Concello e as parroquias rurais, onde a dispersión poboacional dificulta o acceso á información"

Publicada o

- Advertisement -

Co obxectivo de mellorar a comunicación coas parroquias rurais e dinamizar a súa vida social e cultural, o Concello de Viveiro, a través da Tenencia de Alcaldía e a Área de Medio Rural, pon en marcha o proxecto “Vitrinas Informativas para o Rural Viveirense”. Unha iniciativa que permitirá a instalación de 10 vitrinas informativas en diferentes puntos estratéxicos do municipio.

Estas vitrinas colocaranse en espazos de referencia para a comunidade, como antigas escolas, facilitando o acceso da veciñanza á información municipal e servindo como soporte para a difusión de actividades, eventos e anuncios das asociacións locais.

Este proxecto conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía e da Área de Medio Rural do Concello de Viveiro, así como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Os lugares de instalación das vitrinas serán:

  • Landrove (Vial 778)
  • Chavín (Vial 1110)
  • Valcarría (Vial 1063)
  • San Pedro (Escola vella)
  • Magazos (Escola vella)
  • Xunqueira (Vial 161)
  • Galdo (Escola vella)
  • Vieiro (Escola vella)
  • Celeiro (Escola vella)
  • Faro (Escola vella)

Esta iniciativa responde “á necesidade de fortalecer a conexión entre o Concello e as parroquias rurais, onde a dispersión poboacional dificulta o acceso á información. As vitrinas permitirán reforzar o tecido asociativo, promover as actividades locais e dar visibilidade ao sector primario, poñendo en valor a importancia da agricultura e da gandaría no desenvolvemento económico e social de Viveiro”, explicaba Miriam Bermúdez, tenente da alcaldesa.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...