InicioOccidentalViveiroViveiro presenta a programación completa do Entroido

Viveiro presenta a programación completa do Entroido

Nos días seguintes haberá diversas actividades, ata o chegar o martes 4 de marzo ao desfile de entroido e o concurso de disfraces

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta a súa programación completa para o Entroido 2025, que comezará o 1 de marzo co tradicional certame de Alpuxarradas.

Ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz celebraranse as Alpuxarradas como todos os anos, sendo necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 982560162.

As entradas para asistir ao evento, cun custe de 2€, poden ser reservadas dende o día 25 ata o 28 de febreiro de chamando ao mesmo número ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es

Nos días seguintes haberá diversas actividades, ata o chegar o martes 4 de marzo ao desfile de entroido e o concurso de disfraces. O prazo de inscrición para o desfile está aberto ata o 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello.

Finalmente, a programación rematará o mércores 5 de marzo co Enterro da Parrocha infantil ás 18:30 na rúa Pastor Díaz e o Enterro da Sardiña ás 21:00 na praciña da Herba.

A Concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, convida a toda a veciñanza “a asistir un ano máis ás celebracións do noso Antroido, unhas datas moi especiais para Viveiro que estarán cheas de actividades e diversión”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...