InicioOrientalRibadeoViveiro comeza a reposición das beirarrúas da LU-540

Viveiro comeza a reposición das beirarrúas da LU-540

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinalou que a obra “permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade para a veciñanza, dúas das grandes prioridades do noso Goberno local no que se refire ás infraestruturas do municipio”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro dá comezo ás obra de renovación as beirarrúas no tramo da estrada LU-540 entre o museo de cerámica Regal Xunqueira e o local de Severiano Agrocomercial. Trátase dun percorrido de 750 metros ubicado na parroquia de Magazos.

Estas obras, anunciadas no pasado mes de decembro, supoñen un investimento total de 110.795,19€. Serán executadas pola empresa López y Leis S.A. cun prazo de execución de tres meses.

As actuacións, que xa están sendo executadas, inclúen a demolición do pavimento actual, a colocación dun novo bordo de formigón, a construción dunha nova beirarrúa de formigón impreso de 15cm de espesor, a instalación de pavimento podotáctil nos puntos necesarios e a substitución das bocas de rega existentes.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinalou que a obra “permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade para a veciñanza, dúas das grandes prioridades do noso Goberno local no que se refire ás infraestruturas do municipio”.

Por outra banda, a tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras e Infraestruturas, Míriam Bermúdez, destacou que os traballos “permitirán mellorar ademais a rede de abastecemento, evitando deste xeito as avarías e problemas que esta estaba a sufrir na zona”.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...