InicioPolíticaPor Viveiro fará alcaldesa á popular María Gueimunde a cambio de nada

Por Viveiro fará alcaldesa á popular María Gueimunde a cambio de nada

Por viveiro dará o seu apoio incondicional a unha moción que quere que se debata antes do Entroido.

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular e Por Viveiro alcanzaron un acordo para a presentación dunha moción de censura no concello mariñán que converterá en alcaldesa á popular María Gueimunde, que na actualidade exerce de directoria territorial da Consellería do Mar para Celeiro-Lugo.

O pacto para arrebatar o bastón de mando á socialista María Loureiro foi selado no encontro mantido na tarde deste mércores, segundo confirmaron fontes presentes na negociación consultadas por Europa Press. A unión dos sete concelleiros populares e os dous de Por Viveiro sumarán unha maioría absoluta que supera ao actual Goberno, formado pola coalición dos 5 concelleiros do PSOE e 3 de BNG. En todo caso, o futuro goberno na localidade vivairense estará integrado en solitario polo PP, xa que o pacto con Por Viveiro cínguese ao seu respaldo á moción de censura.

Por Viveiro apoiou ao acabar as últimas eleccións á coalición de esquerdas, pero hai unhas semanas anunciou a ruptura co equipo de goberno, sobre o que dixo que “estaba desgastado, sen liderado, nin peso político”. O seu portavoz, Bernardo Fraga, alegou entón que non se cumpriron as demandas que asinaron para apoiar a investidura de Loureiro, alcaldesa de Viveiro desde 2013, cando relevou ao seu compañeiro de partido Melchor Roel.

En declaracións a Europa Press, Gueimunde avanzou que a moción de censura presentarase de forma inmediata para tentar “que non coincida con Entroido”, xa que a lei establece que será debatida, de forma automática, dez días despois do seu rexistro. “Farémolo canto antes porque temos dous anos e hai que empezar xa a traballar”, sentenciou a popular, que agradeceu a Por Viveiro a actitude mantida ao longo dunhas reunións “moi frutíferas”. as reunións foron “moi frutíferas”, nas que reinou unha boa sintonía. “Hai que recoñecer a Por Viveiro o paso que deu aparcando ideoloxías polo ben de Viveiro“, apostilou.

PPdeG CELEBRA O ACORDO

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, celebrou este xoves que o Partido Popular vaia a sumar a unha nova alcaldesa en Viveiro, a popular María Gueimunde, se prospera a moción de censura contra a socialista María Loureiro impulsada polo PP e Por Viveiro.

Preguntada polo acordo alcanzado, Paula Prado lembrou que o PP “gañou as eleccións” nesta localidade, na que se fraguou “un pacto de perdedores co único obxectivo” de que non gobernase a súa formación.

O resultado, conforme sinalou, foi “un goberno absolutamente paralizado”, unha situación ante a que “o PP asumiu a responsabilidade de darlle un impulso ao concello e pór en marcha un novo goberno que mire polos veciños e polas veciñas”.

“Iso si, pondo o interese dos veciños e das veciñas por encimad e interéselos partidistas”, afirmou Paula Prado, que sostivo que este é o obxectivo do novo goberno en Viveiro.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...