InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro lanza as bases do concurso de disfraces para...

O Concello de Viveiro lanza as bases do concurso de disfraces para o Entroido

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro publica as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o vindeiro martes 4 de marzo. As bases especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Un ano máis establécense diferentes categorías de adultos – carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantil -individual, parellas e grupos.

O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.

O xurado, pola súa banda, estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.

Os premios para cada unha das categorías son:

Establécese, ademais, unha axuda especial por importe máximo de 200 €, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile, para poder optar a dita axuda, teñen que estar inscritas no prazo establecido.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...