InicioOccidentalViveiroForo Social da Mariña organiza a conferencia: "Da República ao golpe de...

Foro Social da Mariña organiza a conferencia: “Da República ao golpe de 1936”

Publicada o

- Advertisement -


Este venres, 21 de febreiro, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia –
coloquio titulada: “ Da República ao golpe de 1936 “ (A Mariña, Viveiro e comarca ), a
cargo de Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro.


No acto falará sobre os grandes cambios e transformacións producidos pola
proclamación da República na nosa bisbarra;
tamén da caida do réxime monárquico da
Restauración, así como da entrada nun tempo novo de grandes avances legislativos nos
eidos cívico, social e educativo que promoverían unha sociedade moderna, pluralista e
fondamente democrática que fomentou o auxe do asociacionismo a nível sindical:
agrario, mariñeiro e obreiro, ao igual que nos ámbitos politicos, culturais e recreativos.


Mais, esta sociedade eminentemente democrática e participativa, veuse frustrada a xullo de 1936, por mor do golpe militar, guerra e feroz represión que orixinou unha
importante regresión nas conquistas sociais e nas libertades individuais.


Na charla farase unha comparativa entre as pricipais poboacións da Mariña e os seus
ámbitos de influencia: Viveiro, Mondoñedo e Ribadeo – A Pontenova. Igualmente,
salientaranse os perfís socio – politicos de moitas das vítimas da represión na Mariña e as distintas violencias exercidas. O acto será ás 20:00 horas do serán no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...