InicioOccidentalViveiroViveiro participa na xuntanza do Spain Culinary Villages en La Rioja

Viveiro participa na xuntanza do Spain Culinary Villages en La Rioja

Publicada o

- Advertisement -

O segundo tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, e a técnica da Oficina de Turismo municipal, María San Isidro, participaron nunha reunión celebrada en Ezcaray (La Rioja) no marco do proxecto Spain Culinary Villages, que ten como obxectivo potenciar o turismo gastronómico en varias localidades de España.

Ao encontro asistiron tamén representantes dos municipios de Ezcaray, Alcalá del Valle (Andalucía), Moratalla (Murcia) e Parrés (Asturias), todos eles integrantes deste proxecto financiado pola Secretaría de Estado de Turismo.

Cada un dos municipios é beneficiario dunha axuda de 63.500 euros, ademais dunha subvención de máis de 200.000 euros para a execución dun proxecto conxunto.

O encontro, no que participou tamén a empresa encargada de xestionar o proxecto, tivo como obxectivo coñecer os detalles sobre como os municipios poden aproveitar estas axudas para mellorar as súas infraestruturas e ofrecer experiencias gastronómicas únicas aos turistas.

Desde o Concello de Viveiro, Jesús Fernández destacou “a importancia desta iniciativa para reforzar o sector turístico e gastronómico do municipio, aproveitando a riqueza culinaria local e as tradicións propias da zona”.

“A participación neste proxecto permitirá a Viveiro afianzar o noso posicionamento como destino turístico de referencia, promovendo a gastronomía e o patrimonio cultural da vila”, sinalou o edil, que acudiu en representación da alcaldesa María Loureiro.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...