InicioCulturaA revista 'Vivero en Cuba' entra no 'Repertorio da prensa da emigración...

A revista ‘Vivero en Cuba’ entra no ‘Repertorio da prensa da emigración galega’ do CCG

Súbense á rede 48 números desta publicación que tiña como lemas varias frases de Concepción Arenal «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra” ou “La instrucción es de necesidad pública»

Publicada o

- Advertisement -

O Repertorio da prensa da emigración galega amplíase coa revista Vivero en Cuba

O Repertorio da prensa da emigración galega, proxecto que mantén o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora este mes de febreiro novos números de “Vivero en Cuba”, publicación oficial da Sociedade de instrución “Vivero y su comarca”. Sociedade que naceu coa vontade, segundo os seus Estatutos, de “construir edificios para escuelas en todas las parroquias de los Ayuntamientos de Vivero, Orol, Muras, Riobarba, Jove y Cervo, y crear una escuela de Artes y Oficios”.

Nesta entrega súbense 48 números desta publicación que tiña como lemas varias frases de Concepción Arenal «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra” ou “La instrucción es de necesidad pública». Esta publicación de periodicidade mensual estivo activa desde 1911 ata 1957, aínda que tivo varias interrupcións ao longo da súa traxectoria.  A revista responde ao arquetipo das publicacións societarias xa que describe as actividades da sociedade, ofrece información económica sobre as realizadas, publica novas da comarca e artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias.

Tivo seis directores (A. Fernández; F. Almoina; Francisco Docal; Jesús Peynó; M. Barreiro; X. del Valle Mora) e nela colaboraron figuras como Alberto Michelena; Andrés Prieto; Blanca Espinar; César Michelena Rebellón; Constantino Horta; D’Arxellas ou Vicente Otero Cao. Escribiuse maioritariamente en castelán reservando o galego para algunha creación poética. Intercalados entre os artigos hai numerosos anuncios comerciais, de compañías navieiras, bancos e aseguradoras.

O Repertorio da prensa da emigración galega

En 1998, froito dun traballo de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra, nace o Repertorio da prensa da emigración galega, un proxecto que busca difundir o patrimonio documental producido pola comunidade galega do exterior e que, hoxe en día, mantén actualizado o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Nel, recompílase unha relación das publicacións galegas (boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, prensa política, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, publicacións institucionais etc.) editadas tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega. Aínda que os números das diferentes cabeceiras se poden consultar directamente nas instalacións do AEG, cada mes dixitalízanse novos exemplares que se poñen á disposición dos usuarios e usuarias para seren consultados en liña no web institucional do CCG.

Ligazóns relacionadas

https://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/cabeceira/index.php?p=1021&id=406

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...