InicioOccidentalViveiroViveiro presenta o cartel do Entroido 2025

Viveiro presenta o cartel do Entroido 2025

O cartel pretende ser unha obra que pretende render homenaxe á historia e tradición desta celebración local

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta o cartel do Entroido 2025, unha obra que pretende render homenaxe á historia e tradición desta celebración local. Cun deseño baseado en imaxes retrospectivas, o cartel reflicte a esencia dun carnaval con profundas raíces na comunidade e na memoria colectiva da vila.


A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, destacou o valor simbólico
desta proposta: “É un cartel con imaxes rescatas do noso archivo, o que quere dicir que o
noso carnaval ten moitísima historia. Unha historia que fixeron persoas en épocas
complicadas, que saían e se disfrazaban, e iso fainos ser un carnaval con moita solera”.


O Entroido de Viveiro caracterízase pola súa singularidade e compoñente de humor. En
palabras da concelleira, “o carnaval de Viveiro sempre foi un carnaval diferente, particular e
cargado de humor, e encantaríanos que así seguira sendo”.


A programación incluirá diversos eventos para todos os públicos, cun desfile programado
para o martes de entroido. “Axiña sacaremos a programación, pero mentres tanto deixamos
á xente desfrutar, buscarse e atopar aos seus seres queridos, e incluso a eles mesmos
neste cartel tan bonito”, engadiu Fernández-Noriega.


Pola súa banda, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, amosouse convencida de que “o
Entroido de Viveiro será todo un éxito un ano máis, polo que animamos a veciñanza e
visitantes a desfrutar das festas connosco”.


As imaxes do cartel foron cedidas por África Jiménez e Carlos Fotógrafos, cuxos arquivos
fotográficos forman parte do patrimonio visual da vila. Grazas a esta contribución, foi posible recuperar momentos significativos do carnaval de Viveiro e plasmalos neste novo cartel.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...