InicioOccidentalViveiroViveiro destaca o éxito do servizo madrugadores para impulsasr a conciliación

Viveiro destaca o éxito do servizo madrugadores para impulsasr a conciliación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fai un balance moi positivo do funcionamento do servizo de Madrugadores nos centros educativos.

A alcaldesa, María Loureiro, e a concelleira de Educación, Andrea Ríos, mantiveron unha reunión para avaliar o funcionamento do servizo, no que o concello colabora desde hai tempo.

“É fundamental para impulsar a conciliación familiar”, asegura María Loureiro, que agradece “a boa disposición da comunidade educativa de Viveiro”.

En concreto, o concello colabora co servizo de Madrugadores en tres dos centros educativos que hai en Viveiro.

Neste curso, o concello asume os gastos dos produtos de alimentación para os almorzos dos nenos e nenas que fan uso deste servizo na Escola de Educación Infantil San Roque, no Centro de Educación Primaria Lois Tobio e no CEIP de Celeiro.

Ademais, o concello facilita persoal municipal para colaborar nas tarefas deste servizo de Madrugadores na EEI San Roque e no CEIP de Celeiro.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...