InicioOccidentalViveiro'In horto olivarum' gañadora do III Concursod e Marchas Procesionais en Viveiro

‘In horto olivarum’ gañadora do III Concursod e Marchas Procesionais en Viveiro

O gañador é José Manuel Barbosa Maciel, natural de Vila da Maia (Portugal)

Publicada o

- Advertisement -

O xurado do III concurso de composición de marchas procesionais ‘Blas García Liz’ decidiu, entre as catorce marchas presentadas nesta edición, que o gañador é José Manuel Barbosa Maciel, natural de Vila da Maia (Portugal) coa súa marcha ‘In horto olivarum’.

As obras procedían de once provincias españolas: Alacante, Castellón, Lugo, Madrid, Málaga, Murcia, Pontevedra, Tarragona, Toledo, Valencia e Zaragoza; e a gañadora de Portugal (O Porto).

O xurado, formado por David Rivas, Fernando Buide e David Fiúza, destaca “a gran calidade dos traballos presentados, así como o valor patrimonial da construción dunha nova identidade sonora creada por e para a Semana Santa viveirense”.

A marcha será presentada o sábado 5 de abril pola Banda de Música ‘O Landro’ de Viveiro, no marco da súa participación no ciclo Adral.

“Este concurso da continuidade a unha tradición de Viveiro e serve ademais para honrar a memoria de Blas García Liz”, asegura o concelleiro Jesús Fernández.

‘In horto olivarum’ é un notable traballo musical que destaca polo discurso do material fluído dentro dunha estructura clásica e tradicional, cun estilo compositivo apropiado.

A instrumentación empregada con criterios tímbricos interesantes e creativos, texturas equilibradas e acompañamentos dinámicos ao servizo da melodía. O desenvolvemento melódico é de grande interese con líneas contrapuntísticas ben traballadas e estruturadas.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...