InicioOccidentalViveiroViveiro inicia as obras de renovación en parques infantís da vila

Viveiro inicia as obras de renovación en parques infantís da vila

“Unhas tarefas coas que melloramos os espazos de lecer que utilizan as familias de Viveiro”, explica a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa do comezo de varias obras de renovación en parques infantís da vila, mellorando ademais a súa seguridade.

As actuacións terán un orzamento de 27.000 euros e o concello obtivo unha achega de Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Mocidade). “Unhas tarefas coas que melloramos os espazos de lecer que utilizan as familias de Viveiro”, explica a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez.

No parque da Atalia, en Celeiro, procederase á renovación dos pavimentos existentes; a instalación de novas estruturas de formigón e revestimentos para mellorar a seguridade e funcionalidade do espazo; subministro e colocación de capa de terra vexetal para zonas verdes, e mellora da seguridade mediante a colocación de barandillas metálicas.

No parque infantil de Parquemar, substituirase un columpio deteriorado para garantir a seguridade das persoas usuarias. O novo equipamento será un columpio tipo ‘veleta nido’.

No parque infantil de Mahía, procederase á reparación e mellora dos xogos existentes; substitución dos elementos en mal estado, e a creación de zonas de amortiguación que cumpran coa normativa vixente.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...