InicioOccidentalViveiroViveiro retira residuos na parcela das Nogueiras e pide usar o punto...

Viveiro retira residuos na parcela das Nogueiras e pide usar o punto limpo

"O das Nogueiras é un sitio donde a xente, dende particulares a empresas, estaba a deixar de todo, tanto restos de poda, como palés ou electrodomésticos", lamenta a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro lembra a prohibición de depositar residuos fóra dos puntos estipulados para tal fin. Faino logo de limpar da parcela das Nogueiras, na que empresas e particulares estiveron depositando todo tipo de restos e enseres.

Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Medio Ambiente subliñan que a veciñanza ten a obriga de empregar o renovado Punto Limpo do municipio, situado en Patarroa-Escourido, para evitar este tipo de situacións.

“O das Nogueiras é un sitio donde a xente, dende particulares a empresas, estaba a deixar de todo, tanto restos de poda, como palés ou electrodomésticos”, lamenta a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez.

A tamén responsable da área de Medio Ambiente sinala que “a ordenanza é clara nestas situacións, a xente ten que ir ao punto limpo e as empresas xestionar os seus propios residuos que derivan da súa actividade mediante un xestor”.

“Agora, a parcela das Nogueiras xa está limpa, e pedimos a colaboración da veciñanza de Viveiro para garantir que así siga, evitando os prexuízos medioambientais e estéticos derivados da situación anterior”, engade.

A nova ordenanza de Convivencia, Limpeza e Residuos contempla sancións leves de entre 50€ e 750€, graves de entre 751€ e 1.500€ e moi graves de entre 1.501€ e 3.000€ dependendo da severidade da infracción.

O Punto Limpo de Patarrosa-Escourido funciona no seguinte horario: luns de 08:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00, os martes e xoves de 09:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00, os mércores e venres de 8:00 a 14:00 e os sábados de 10:00 a 13:00, estando pechado o cuarto sábado de cada mes.

Ademais, o Concello conta cun servizo de recollida a domicilio de residuos voluminosos como mobles, electrodomésticos e ata restos de poda de gran volume. Só é necesario solicitar a recollida chamando ao número de teléfono 697 162 637.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...