InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro reclama ao goberno local impulsar o PXOM "despois...

O PP de Viveiro reclama ao goberno local impulsar o PXOM “despois de 22 anos”

Os concelleiros do Partido Popular agardan o apoio dos distintos grupos da corporación municipal no vindeiro pleno toda vez que “a aprobación do PXOM era un dos puntos do acordo programático entre o PSOE e XViveiro para facer alcaldesa á señora Loureiro”

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro urxe ao goberno municipal bipartito a impulsar o PXOM “despois de 22 anos de gobernos de esquerdas -PSOE, BNG co apoio de XViveiro- e tantos anuncios por parte da alcaldía -especialmente de forma previa ás eleccións- sobre a inmediata aprobación provisional deste relevante documento en materia de planificación urbanística e ordenación do territorio do noso concello”.

Os concelleiros do Partido Popular agardan o apoio dos distintos grupos da corporación municipal no vindeiro pleno toda vez que “a aprobación do PXOM era un dos puntos do acordo programático entre o PSOE e XViveiro para facer alcaldesa á señora Loureiro”.

Concretamente, o PP propón instar ao goberno municipal a elaborar no prazo dun mes os informes técnicos, xurídicos e económicos de competencia municipal necesarios para determinar a situación real do PXOM de Viveiro e dar conta ao Pleno dos informes das diferentes administracións pendentes así como dos trámites e accións que restan para lograr a súa aprobación provisional.

A portavoz, Mariña Gueimunde, explica que “na reunión da xunta de portavoces celebrada o 31 de xaneiro de 2024 puidemos coñecer o informe técnico sobre os trámites realizados e pendentes; pero practicamente un ano despois non temos constancia de que o Concello realizada ningún”.

Concretamente, o informe recollía como trámites pendentes a notificación aos titulares catastrais de parcelas incorporadas en ámbitos de actuación; a contestación ás alegacións presentadas en trámite de exposición pública; a revisión e actualización de documentos de memoria e normativa urbanística atendendo ás modificacións do procedemento administrativo común, actividades, etc. e a proposta de dúas liñas de tramitación en caso de que, unha vez obtidos todos os informes sectoriais e corrixidas as deficiencias do documento, os cambios introducidos no documento desde a aprobación inicial supoñan ou non unha modificación substancial.

Gueimunde puntualiza que “determinar se as modificacións introducidas no documento son ou non substanciais -despois de transcorrido un largo espazo de tempo dende o acordo para a aprobación inicial do PXOM no Pleno do 14 de abril do 2011- é un dos puntos que máis condiciona os prazos na tramitación”. En todo caso, con carácter previo á aprobación provisional polo Pleno, é precisa a emisión dos informes técnicos e xurídicos do servizo de urbanismo, o informe da secretaria municipal e o informe de intervención.

UN LASTRE PARA O DESENVOLVEMENTO DO CONCELLO

A portavoz popular explica que “o Concello de Viveiro non dispón de planeamento xeral adaptado á normativa vixente”. A ordenación urbanística provisional aprobada no 2006 é xenérica e demasiado restritiva debido ao seu carácter transitorio ata a aprobación do PXOM polo que “non responde aos problemas e necesidades do noso concello, coartando o seu desenvolvemento económico e sostible”.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...