InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro pedirá que o Concello explique a paralización das...

O PP de Viveiro pedirá que o Concello explique a paralización das obras na Rúa Porto de Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro esixirá ao goberno bipartito municipal explicacións sobre a obra de humanización na rúa Porto de Celeiro. Concretamente, os populares cren que os veciños e veciñas merecen explicacións sobre “os motivos da súa paralización, os cambios no orzamento de licitación da obra, as medidas previstas polo goberno para rematar os traballos e o prazo de entrega desta actuación”.

Os populares lembran que “en abril do ano 2023 o goberno local anunciou a bombo e platillo un plan de humanización do porto de Celeiro” cuxas obras se levarían a cabo a través dun convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro.

“A finais do ano 2023 iniciouse a licitación da obra que, tras quedar deserta nunha primeira licitación, se adxudicou nunha segunda rolda por un estreito marxe”, advirte a portavoz, Mariña Gueimunde.

O pasado mes de xullo, pouco antes da semana de festas de Celeiro, iniciouse a obra de reforma integral da rúa Porto de Celeiro. A data na que estaba previsto o remate da obra era finais do 2024.

A principios de decembro de 2024, coa obra a medias, a empresa adxudicataria paralizou a obra e retirou a maquinaria. Isto provocou “o enfado dos veciños e veciñas” que manifestaron a súa molestia por deixar as obras a medias e, polo tanto, “os accesos ás súas vivendas sen rematar”. Unha situación que é “un claro prexuízo para os veciños e veciñas e, especialmente dificultosa para moitos dos residentes deste barrio que son de avanzada idade”, subliña a popular.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...