InicioOccidentalViveiroViveiro informa de restriccións na cabalgata de reis mentres prepara un plan...

Viveiro informa de restriccións na cabalgata de reis mentres prepara un plan B

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro prepárase para a súa Cabalgata de Reis, que comezará ás 17:30 de mañá, domingo 5 de xaneiro. Con este motivo infórmase á veciñanza das restriccións de estacionamento durante a xornada.

Por motivos de seguridade, estará valada a Travesía da Mariña dende o Hotel Urban ata a Ponte da Misericordia, polo que non se poderá estacionar nesa zona.

Neste sentido, lémbrase que se pode facer uso do parking municipal Aparcamentos A Mariña, ubicados na rúa Juan García Navia Castrillón número 4. Ademais, infórmase que se realizaron xestións con Portos de Galicia para poder utilizar como aparcamento o porto deportivo.

O prezo por hora do aparcadoiro municipal, que se atopa a 50 metros da zona urbana. é de 1,04€. Hai dispoñibles abonos de 15 días por 30,25€, dunha semana por 24,85€ e de fin de semana (dende o venres ás 18:00 ao luns ás 10:00) por 13,95€.

O Concello de Viveiro prepara un plan B para a Cabalgata de Reis en caso de que as condicións meteorolóxicas impidan que esta se desenvolva como estaba previsto.

A alcaldesa María Loureiro sinala que “dende o Concello vamos agardar ata o último momento para poder sacala adiante, xa que traballamos moito para facer unha cabalgata bonita e do agrado da xente”.

“Porén, xa que as previsións meteorolóxicas non son moi alentadoras, temos este plan B para o caso de que chova e non poida sair o desfile”, sinala a rexedora.

Neste caso, os Reis Magos estarán ás 19:00 no balcón da biblioteca para falar con todos os nenos e nenas, xa que tendo a carpa na praza pódense resgardar da choiva. A continuación, as súas maxestades recibirán a cada un dos nenos e nenas na sala multiusos como estaba previsto.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...