InicioOccidentalViveiroRecollida de xoguetes material escolar e libros en Viveiro

Recollida de xoguetes material escolar e libros en Viveiro

O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa do Concello, en horario de 9:00 a 15:00 horas. Recollerase o material ata o día 26 de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro dá comezo á súa tradicional campaña de Nadal de recollida de xoguetes, material escolar e libros infantís e xuvenís con fins solidarias, organizada conxuntamente con Cruz Vermella.

O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa do Concello, en horario de 9:00 a 15:00 horas. Recollerase o material ata o día 26 de decembro.

Un ano máis poñemos en marcha esta iniciativa solidaria para axudar á cativada con menos recursos, coa fin de garantir de o Nadal sexa unha época de ledicia para todas as persoas de Viveiro“, sinala a alcaldesa María Loureiro.

A campaña servirá para recolectar xoguetes, puzzles e outros materiais novos ou seminovos coa embalaxe orixinal e doalos a familias desfavorecidas, baixo o lema “ningún neno/a sen xoguetes novos”. Os materiais non deberán estar empaquetados previamente.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...