InicioOccidentalViveiroViveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

Así mesmo, a incorporación da referencia catastral, ou código de vivenda equivalente, ao padrón municipal de habitantes, suporá unha mellora na localización dos domicilios, así como na formación e actualización do rueiro municipal

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo para modernizar o padrón municipal.

O padrón municipal é un rexistro administrativo de gran importancia, dado que a inscrición no mesmo supón un requisito previo e imprescindible para o acceso dos veciños ao uso e desfrute de servizos públicos como educación, sanidade e servizos sociais no municipio, así como ao exercicio do dereito de sufraxio ou participación cidadá”, explica Fernández.

Polo anterior, a sinatura deste convenio para o proxecto coñecido como “Xeopadrón”, resulta de vital valía para o desenvolvemento dun sistema informático moderno e actualizado, que permita que o Concello de Viveiro se poida comunicar en tempo real co Instituto Nacional de Estatística, de xeito que posibilite a corrección de discrepancias e o mantemento dunha base de datos máis depurada.

Así mesmo, a incorporación da referencia catastral, ou código de vivenda equivalente, ao padrón municipal de habitantes, suporá unha mellora na localización dos domicilios, así como na formación e actualización do rueiro municipal.

Ademais, o mantemento dun censo de vivendas, a parte do censo de habitantes, posibilitará a implantación de políticas de vivenda no municipio, unha vez estudados os datos de situación actual da vivenda no concello.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...