InicioOccidentalViveiro"Nin unha máis, nin unha menos", o Concello de Viveiro conmemora o...

“Nin unha máis, nin unha menos”, o Concello de Viveiro conmemora o 25N

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra As Mulleres. Os actos comezarán o luns 25 de novembro cunha concentración ás 12:00 horas na que se gardará un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista.

Posteriormente, ás 20:30 horas terá lugar o acto central na Praza Maior do concello, no que se procederá á lectura dos Manifestos e se acenderá unha candea por cada muller asasinada no último ano. Asemade, ao longo da tarde do 25N o Grupo de Participación Xuvenil desenvolverá a acción comunitaria “Di Stop á Violencia”.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a necesidade de dotar de recursos á xuventude para combater a violencia contra as mulleres”. “É vital formar á rapazada para inculcar bos hábitos e ferramentas para detectar posibles casos de violencia en todos os sectores da sociedade. Dende Viveiro seguiremos traballando porque ‘Nin unha máis, nin unha menos’”, subliñou a alcaldesa. Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega tamén incidiu na “importancia de tecer redes cos centros educativos para levar ás aulas actividades formativas de prevención”.

O programa do 25N continuará o 2 de decembro con CINE FORO, espazo no que se proxectará o documental “En deuda con todas”, unha produción que achega a realidade de mulleres doutros continentes e que busca visibilizar a vulneración de dereitos fundamentais que sofren as mulleres no mundo. Dende o Concello de Viveiro agradecen ao Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade esta iniciativa que terá lugar na sala multiusos do concello.

Ademais, ao longo das vindeiras semanas, o Concello impulsa actividades formativas nos centros de ensino de secundaria do municipio. Así, desenvolveranse dous obradoiros -“Previr a violencia e o acoso por homofobia” e “Prevención do suicidio na adolescencia como consecuencia das violencias ou acoso”- e unha charla -“Agresións sexuais e violencia sexual”-.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...