InicioOccidentalViveiroXabier Queipo gaña o VI Premio Novela Vilar Ponte do Concello de...

Xabier Queipo gaña o VI Premio Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O escritor Xavier Queipo é o gañador do VI Premio de Novela Vilar Ponte, convocado polo Concello de Viveiro, coa súa obra Tamarindo.

Unha novela que destacou por unanimidade do xurado “pola súa habilidade para transportar ao lector a unha illa afastada do Caribe, onde o protagonista, afectado por amnesia parcial, loita contra ameazas escuras nunha trama envolvente e fascinante. Cun estilo esmerado, unha ambientación cosmopolita e unha excelente caracterización de personaxes, Tamarindo reafirma o talento narrativo de Queipo”.

Segundo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “este premio é unha mostra do compromiso do noso concello coa cultura galega e co apoio ao talento literario. Tamarindo e O Terceiro Desexo son exemplos do poder creativo que caracteriza as nosas letras”.

O xurado do certame estivo composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador; Rosalía Morlán Vieites, escritora, e Armando Requeixo Cuba, investigador, profesor e crítico literario, actuando como secretaria con voz e sen voto María Rosario San Isidro Franco.

Como obra finalista foi seleccionada O Terceiro Desexo, de Lionel Rexes, unha novela que combina amores convulsos, o universo dos artistas alternativos e as maquinacións de poderosos na sombra nunha trama chea de sorpresas e personaxes singulares. O xurado destacou “a sólida estrutura e a forza narrativa dun autor de gran oficio”.

O acto de entrega do premio terá lugar o venres 13 de decembro de 2024, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Estará conducido pola xornalista Alba Porral Quintillán e contará coa actuación do Sexteto de Corda do CMUS de Viveiro.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...