InicioOccidentalViveiroViveiro reivindica o seu compromiso cos dereitos da Infancia e da Xuventude

Viveiro reivindica o seu compromiso cos dereitos da Infancia e da Xuventude

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que "este compromiso foi ratificado recentemente nunha declaración institucional apoiada por todos os grupos políticos no último pleno municipal".

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo do Día Mundial da Infancia, o Concello de Viveiro reitera o seu compromiso coa promoción e defensa dos dereitos dos nenos, nenas e mozos do municipio.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que “este compromiso foi ratificado recentemente nunha declaración institucional apoiada por todos os grupos políticos no último pleno municipal”.

“A infancia e a xuventude son unha prioridade nas nosas políticas, independentemente das cores políticas”, afirma pola sua parte a concelleira de Cultura e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega. “Hoxe queremos reivindicar que os nenos e nenas teñen dereitos e que todos temos a responsabilidade de garantir que se cumpran”, sostén.

Entre as iniciativas impulsadas polo Concello de Viveiro, destaca o grupo de participación xuvenil, que se reunirá este sábado ás 11:30 da mañá no propio municipio. Fernández-Noriega aproveita para animar á mocidade a sumarse a este espazo. “É un grupo que está aberto a novas incorporacións, comezamos unha nova andaina, comezamos con un novo equipo de traballo”, asegura.

Ademais, anunciou que tamén se está traballando na creación dun grupo de participación infantil, aberto a nenos e nenas a partir de cinco anos, coa data de convocatoria pendente de comunicar.

Estes grupos desempeñan un papel fundamental no deseño das políticas e actividades do municipio.

Segundo explicou Fernández-Noriega, o grupo de participación xuvenil está xa involucrado na programación do 25 de novembro e terá unha voz destacada nos eventos do Nadal e outros proxectos futuros.

Ademais, o Concello ten previsto celebrar o primeiro pleno xuvenil nas próximas semanas, consolidando así o seu compromiso de dar protagonismo á infancia e á xuventude.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

Viveiro comeza a reparación dos contedores soterrados no concello

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a Concellería de Medioambiente dan comezo á...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...