InicioOccidentalViveiroCeleiro celebra o centenario da súa Confraría de Pescadores

Celeiro celebra o centenario da súa Confraría de Pescadores

O evento reuniu ao conselleiro de Mar, Alfonso Villares; a deputada provincial de Lugo, Carmela López Moreno; e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tivo como idea fundamental pór en valor "a rica tradición pesqueira e o patrimonio marítimo deste emblemático porto galego".

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Celeiro, en Viveiro, celebrou este mércores, con motivo do centenario da Cofraría de Pescadores Santiago Apóstolo, a súa exposición ‘Celeiro, 100 anos de tradición pesqueira’.

O evento reuniu ao conselleiro de Mar, Alfonso Villares; a deputada provincial de Lugo, Carmela López Moreno; e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tivo como idea fundamental pór en valor “a rica tradición pesqueira e o patrimonio marítimo deste emblemático porto galego”.

Así mesmo, a exposición só é unha parte da celebración do centenario da confraría. A esta súmase tamén, a instalación dun reloxo de mareas de 5 metros de altura situado na Praza do Naúfrago, que tal e como manifestou a Xunta en nota de prensa, é “único e especial” e só existe un similar no municipio de Portugalete, en Euskadi.

En plano económico, a subdelegada Isabel Rodríguez aproveitou para lembrar que “a pesca galega é a que máis fondos recibe do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA), cun total de 366 millóns de euros”.

Ademais, a Confraría Santiago Apóstolo de Celeiro recibirá axudas por valor de máis de 1,1 millóns de euros da Xunta, á parte do xa previsto por Portos de Galicia.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...