InicioOccidentalViveiroViveiro acolle a previa do campionato de España de fútbol sala con...

Viveiro acolle a previa do campionato de España de fútbol sala con seleccións autonómicas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou hoxe a Fase Previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala, un evento deportivo que convertirá aos concellos de Viveiro e Burela no epicentro deste deporte durante cinco días.

O evento, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol, reunirá ás seleccións autonómicas de Galicia, Navarra, Cataluña, Castela e León e Castela-A Mancha nas categorías Sub-16 e Sub-19.

Os partidos comezarán o xoves 20 de novembro, combinando competicións en ambas categorías ata o domingo 24.

Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, Jesús Fernández, e Julio Mougán, en representación da Federación Galega de Fútbol.

A alcaldesa comentou que dende o concello estan “encantadas de acoller este evento en Viveiro, que sen dúbida será unha gran oportunidade para fomentar o deporte e poñer ao noso municipio no mapa do fútbol sala”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...