InicioOccidentalViveiroAs Festas de San Roque xa teñen comisión

As Festas de San Roque xa teñen comisión

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas patronais de San Roque de 2025, que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de agosto, en coordinación co consistorio.

“Estamos encantados de que un grupo de xente moza colla as rendas destes tres días de festas”, explica a alcaldesa, María Loureiro, quen mantivo unha reunión con eles o pasado sábado como primeira toma de contacto para traballar no calendario festivo.

Así, as festas patronais coordinaranse cos actividades culturais que o Concello de Viveiro organiza no mes de agosto, como a Feira do Libro ou a Feira de Artesanía, ademais daquelas nas que colabora, como a Mostra Folclórica Internacional ou o desfile de Xigantes e Cabezudos.

Na seguinte reunión, na que participará a concelleira de Cultura, Lara Fernández, a nova comisión de festas presenetará un proxecto a partir do que empezar a traballar nesa coordinación.

O Concello de Viveiro, un dos poucos nos que a organización das festas patronais non corría a cargo dunha comisión, xa fixera un chamamento para cambiar esta situación e saúda a iniciativa destes mozos.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...