InicioOccidentalViveiroViveiro realizará reformas para mellorar a piscina e o ximnasio municipais

Viveiro realizará reformas para mellorar a piscina e o ximnasio municipais

“Desde o concello queremos mellorar de forma continua os servizos que lle prestamos aos veciños e veciñas, neste caso renovando unhas instalacións moi utilizadas para a práctica deportiva”, explica a alcaldesa, María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acometerá diferentes actuacións para mellorar as instalacións da piscina e o ximnasio municipal.

“Desde o concello queremos mellorar de forma continua os servizos que lle prestamos aos veciños e veciñas, neste caso renovando unhas instalacións moi utilizadas para a práctica deportiva”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Procederase por unha parte á dotación dun elevador hidráulico para a mellora da accesibilidade na piscina municipal por un importe de 4.549,60 euros. Esta cadeira elevadora beneficiará ás persoas con mobilidade reducida, facilitando o seu acceso á piscina municipal.

Por outra banda, o concello xa ten asinado o contrato para a instalación dunha deshumectadora, o que permitirá a reapertura do vaso pequeno. O importe deste contrato ascende a 37.279,52 euros e as obras comezarán neste mes de novembro.

Finalmente, instalarase na piscina municipal unha nova tecnoloxía denominada Nagi. Este sistema permitirá dixitalizar a actividade física dos nadadores e mellorar a seguridade dos usuarios, ao contar cun sistema para evitar a posible afogamento dos bañistas, mediante un sistema de localización en tempo real, que contacta aos usuarios cos socorristas.

Asemade, grazas á instalación desta nova tecnoloxía a piscina de Viveiro pasará a formar parte na Red EPIC (Red Española de Piscinas Inteligentes Conectadas), integrada por piscinas de toda España; esta rede de piscinas intelixentes de toda España busca integrar a intelixencia articificial no medio acuático, dixitalizando a actividade dos nadadores.

A instalación desta nova tecnoloxía e integración nesta rede avala o compromiso municipal coa innovación e mellora dos servizos municipais, facilitando que os usuarios poidan facer uso desta instalación dun xeito máis seguro e beneficioso, ao poder acceder a datos en tempo real sobre o rendimento durante a sesión de nado.

Polo que respecta á dotación de nova maquinaria para a sala de musculación e cardiovascular, por un importe de 55.336,69 euros, o ximnasio vaise dotar con novas máquinas de bíceps, tríceps, dorsais, ombreiros e abductores, ademais dunha máquina multiestación. Na sala de cardiovascular, vanse instalar unha nova elíptica, unha cinta e unha bicicleta de alta intensidade.

As instalacións da Piscina Municipal de Viveiro están abertas de forma continuada, de 08:00 a 22:15 de luns a venres; e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...