InicioOccidentalViveiroFesta labrega en Landrove para este venres coas Olimpiadas Rurais

Festa labrega en Landrove para este venres coas Olimpiadas Rurais

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Landrove será o escenario esta fin de semana da VIII edición da súa Festa Labrega e das VII Olimpíadas Rurais. O Concello de Viveiro presentou a programación do evento xunto aos seus organizadores, a asociación cultural e deportiva Pequenos Pasos.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou “que xa celebramos a oitava edición, agradecendo un ano máis o traballo da asociación Pequenos Pasos e da veciñanza de Landrove nesta xa tradicional festa”.

Mañá, venres 11 de outubro, ás 21:00 horas, terá lugar o prendido da chama olímpica, e ás 22.00 horas actuará o grupo Amigos do Folk. Os asistentes poderán degustar boliños preñados de balde.

O sábado 12, ás 13:00, o Dúo Estrellas animará a sesión vermú, e ás 16.00 horas comezarán as Olimpíadas Rurais. Esa noite haberá unha actuación dos grupos Espera que Vou Mexar e Hortensio ás 20:30, cea labrega ás 21:00, e finalmente, ás 23:00 horas, entrega de premios e festa de novo co Dúo Estrellas.

A programación terá lugar no campo da festa, contando con carpa. Para máis información pódese contactar co número de teléfono 636 01 41 53.

Con estas celebracións, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e desfrutar do ocio no rural hai varias décadas. O Concello de Viveiro colabora coa asociación cultural na súa organización.

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...