InicioOccidentalViveiroViveiro lidera a licitación de obra pública na Mariña no primeiro semestre...

Viveiro lidera a licitación de obra pública na Mariña no primeiro semestre de 2024

“Son datos que reflicten moita xestión por parte do concello, e xa traballamos en novas licitacións para mellorar os servizos e infraestruturas públicas”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lidera a licitación de obra pública entre os meses de xaneiro e xuño de 2024 cun investimento de 916.977 euros, segundo os datos feitos públicos pola Federación Galega da Construción (Fegacons).

“Son datos que reflicten moita xestión por parte do concello, e xa traballamos en novas licitacións para mellorar os servizos e infraestruturas públicas”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

As obras licitadas son a renovación integral da rúa do Porto de Celeiro; a renovación do Camiño de Riquián-Estrada da Abrela; a renovación da rede de saneamento en A Pena (estrada LU-P6601, en Vieiro); o saneamento do entorno da Cova Lavandeiras, Celeiro; a modificación da instalación de climatización e deshumidificación da piscina municipal de Viveiro, e a instalación de bombeo en Vieiro.

Tamén licitouse o acondicionamento e mellora da Pista de Fontecova; as obras de integración do espazo de skate park en Lodeiro; as obras de mellora do parque da Atalaia, na parroquia de Celeiro; a apertura do parque Pernas Peón ó litoral; o proxecto de mellora do punto limpo de Viveiro; e a reposición das beirarrúas do marxe esquerdo da LU-540 en Magazos.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...