InicioOccidentalViveiroViveiro celebra a VI Edición Superarte do 14 ao 20 de outubro

Viveiro celebra a VI Edición Superarte do 14 ao 20 de outubro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra entre os días 14 e 20 de outubro a 6º edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional.

A mostra adícase este ano ao síndrome de down, “cun certame multidisciplinar para sensibilizar e facer divulgación a través das artes escénicas e as artes plásticas”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Haberá tamén un taller de percuterapia para os usuarios de Aspanane e para aquelas persoas con síndrome de down ou outro tipo de diversidade funcional e as súas familias que queiran participar.

“Superarte é xa un sinal de identidade do noso goberno local, un piar desde o que construír paso a paso un Viveiro máis inclusivo; o certame cumpre a súa sexta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Un pracer para o goberno local traballar para celebrar este certame e pola inclusión real, xa que aínda queda moito camiño por percorrer”, engade Lara Fernández Fernández-Noriega. A próxima semana presentarase a programación completa.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...