InicioOccidentalViveiroViveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Publicada o

- Advertisement -

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan a prevención de incendios, as concellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural de Viveiro colaboran coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA no envío de 3.253 notificacións a persoas propietarias de parcelas no municipio.


Esta colaboración está contemplada no convenio suscrito polas catro entidades no 2019, e foi activada como consecuencia do gran volumen de parcelas nas que o Concello de Viveiro ten competencias de vixiancia e intervención.


O Convenio permite solicitar a colaboración para a xestión das comunicacións masivas ás persoas propietarias da obriga de limpeza da biomasa vexetal e retirada de especies prohibidas segundo a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.


Miriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e concelleira de Medio Ambiente, destacou a importancia deste convenio para “garantir a seguridade ambiental do noso Concello” e “previr os incendios forestais”. Subliñou tamén que “a colaboración cidadá é fundamental para manter o solo en condicións óptimas” e “protexer o noso medio natural”.


Ramón Martínez, concelleiro de Medio Rural, engadiu que “é clave cumprir coas obrigas de limpeza de parcelas” e retirada de especies prohibidas para evitar sancións e “asegurar unha xestión eficaz do noso territorio”.


Durante os meses de agosto e setembro realizáronse as inspeccións de máis de 10 hectáreas de terreos, que resultaron no envío desas 3.253 notificacións para solicitar a retirada da biomasa vexetal e especies arbóreas prohibidas.


No caso de incumprimento destas solicitudes, a posterior execución subsidiaria realizarase por parte de SEAGA, con cargo dos custos ás persoas propietarias. Isto farase sen prexuízo da imposición das correspondentes sancións, que oscilan entre os 1.000€ da infracción leve, os 100.000€ da infracción grave e o millón de euros da infracción moi grave.


Nos próximos días poderanse consultar, asemade, as parcelas incorporadas nesta campaña de prevención desde o Tablón de Anuncios municipal da Sede electrónica do Concello de Viveiro.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...