InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará a súa primeira ruta saudable da Asociación Española contra el...

Viveiro celebrará a súa primeira ruta saudable da Asociación Española contra el Cáncer

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradece á AECC "o seu inestimable labor tanto axudando ás persoas con cancro como promovendo un estilo de vida saudable entre todas as persoas con iniciativas coma esta"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acollerá a partir deste venres, día 4 de outubro, as Rutas Saludables en Viveiro organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.


Esta actividade terá lugar de xeito gratuíto todos os venres de outubro ás 11:00, con saída dende a Praza Maior da localidade.


O seu obxectivo é concienciar á poboación sobre a importancia de facer exercicio físico e levar hábitos saudables para previr o cancro. Polo tanto, é unha actividade dirixida a toda a poboación.


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradece á AECC “o seu inestimable labor tanto axudando ás persoas con cancro como promovendo un estilo de vida saudable entre todas as persoas con iniciativas coma esta”.


As inscricións na mesma poderán ser realizadas escribindo ao enderezo de correo electrónico lugo@contraelcancer.es. Para máis información pódese contactar co número 900 100 036 ou visitar a páxina web asociacioncontraelcancer.es

ÚLTIMAS

Foz inviste case 98.000 euros en mellorar camiños de San Martiño e Santa Cilla

O Concello de Foz iniciou os traballos de arranxo de camiños nas parroquias de...

Burela levará a pleno unha nova ordenanza sobre venda ambulante

O Concello de Burela debatirá no vindeiro pleno municipal o texto dunha nova Ordenanza...

Festa labrega en Landrove para este venres coas Olimpiadas Rurais

A parroquia de Landrove será o escenario esta fin de semana da VIII edición...

O comité de Alcoa retomará mobilizacións

O comité de empresa de Alcoa retomará mobilizacións ante a ameaza de despedimentos en...