InicioOccidentalViveiroA aula da UNED de Viveiro mantén aberta a matrícula para o...

A aula da UNED de Viveiro mantén aberta a matrícula para o curso 2024/25

Publicada o

- Advertisement -

A Aula da UNED de Viveiro mantén aberto o prazo de matrícula para o curso 2024/25 ata o 22 de outubro.

Os veciños e veciñas de Viveiro poden elixir entre 30 grados sen límite de prazas e sen nota de corte.

A alcaldesa, María Loureiro, destaca “a amplia oferta e a colaboración fluída coa UNED, que no Concello de Viveiro está máis que consolidada, e que é garante de formación universitaria de calidade e proximidade para a sociedade mariñá”.

Aquelas persoas que non teñan titulación necesaria para matricularte nos grados, poden facelo no curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos.

Dende o 23 de setembro o 23 de outubro permanecerá aberta tamén a matrícula na UNED Senior (maiores de 55 anos) para as seguintes asignaturas: ‘Aproximación á historia do cine galego’, impartida os martes de 18:00 a 20:00 horas, e ‘A historia da arte: camiño da contemporaneidade’, impartida os xoves nese mesmo horario.

Os interesados poden matricularse e acadar mais información nas instalacións da UNED: Avenida de Cervantes s/n, Claustros da Igrexia de San Francisco. www.uned.es

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...