InicioOccidentalViveiroViveiro destaca que as obras de renovación da Rúa do Porto de...

Viveiro destaca que as obras de renovación da Rúa do Porto de Celeiro van a bo ritmo

“Unha actuación que servirá para mellorar a mobilidade e a accesibilidade dos veciños e veciñas da zona, sen perder a esencia mariñeira da rúa”, explica a alcaldesa María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, supervisaron hoxe o estado das obras para a humanización da rúa do Porto do Celeiro, que avanzan a bo ritmo.

Esta transformación integral comezou no verán e inclúe a pavimentación e renovación de todos os servizos da rúa.

Grazas ás xestións realizadas pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a Deputación de Lugo aportou unha achega para este proxecto de 544.563,82 euros, mentres que o concello aporta 136.140,96 euros. O orzamento total é de 680.704,78 euros.

Trátase dunha actuación que abarca unha zona moi ampla no cruce formado pola rúa Lavandeiras, a LU-P-6612 e a rúa do Porto de Celeiro, acceso principal de vehículos e peóns á fachada marítima de Celeiro.

“É unha obra imprescindible para mellorar a mobilidade e a accesibilidade dos veciños e veciñas de Celeiro. Mantendo o espíritu e a esencia mariñeira tan característica da zona, levamos a cabo unha renovación integral dunha das áreas máis dinámicas do concello, renovando os seus servizos e cumprindo as demandas veciñais”, engade Loureiro.

O proxecto contempla o movemento de terras e demolicións; pavimentación de beirarrúas e zonas de aparcadoiro; a reposición da rede de saneamento, pluviais, abastecemento e alumeado público; así como a canalización da electricidade, as telecomunicacións, a dotación de xardinería, mobiliario urbano e sinalización horizontal e vertical da zona.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....