InicioPolíticaO PP de Viveiro reta a dous edís independentes a pactar unha...

O PP de Viveiro reta a dous edís independentes a pactar unha moción de censura contra a alcaldesa

A portavoz dos populares, Mariña Gueimunde, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que aseverou que o municipio "necesita o cambio que pediron" os veciños nas eleccións de maio de 2023.

Publicada o

- Advertisement -

PP de Viveiro reta aos dous concelleiros da formación independente XViveiro a pactar unha moción de censura contra a alcaldesa, a socialista María Loureiro, que goberna co BNG. A portavoz dos populares, Mariña Gueimunde, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que aseverou que o municipio “necesita o cambio que pediron” os veciños nas eleccións de maio de 2023.

Nesta cita, o PP gañou con sete concelleiros, pero Loureiro (PSOE) puido formar goberno co apoio do seu grupo (5 edís), o BNG (3) e XViveiro (2). Con todo, este último partido xa mostrou en reiteradas ocasións o seu descontento co grao de cumprimento do acordo que asinou cos socialistas e avanzou hai meses que abriría un “período de reflexión” sobre o seu apoio á alcaldesa.

Neste contexto, os populares instan aos independentes a “reflexionar sobre o futuro” do Concello e a asinar con eles unha moción de censura que, desta maneira, sairía adiante. Gueimunde critica a xestión do bipartito e a “bicefalia” que aprecia coa alcaldesa e o seu tenente de alcaldesa, do BNG. Fronte a iso, a portavoz do PP defende que o Concello “debe ter un único goberno cun único obxectivo: desenvolver o mellor proxecto para Viveiro”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...