InicioOccidentalViveiroViveiro adxudica o contrado do SAF para 250 veciños e veciñas

Viveiro adxudica o contrado do SAF para 250 veciños e veciñas

Publicada o

- Advertisement -

A Mesa de Contratación do Concello de Viveiro acordou propoñer á empresa Idades SL como adxudicataria do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nas súas dúas modalidades de libre concorrencia e dependencia.

Este novo contrato, que ten un prazo inicial de dous anos con posibilidade de prórroga de dous anos máis, permitirá continuar prestando un servizo esencial que conta cun elevado número de usuarios, en torno aos 250.

O custo por hora previsto na licitación é de 20,39 euros por hora, máis o 4% de IVE, polo que a suma total do contrato no prazo inicial do mesmo é de 3.520.129,60 euros.

“É importante destacar a importancia da Axuda no Fogar e sinalar que a achega da Xunta de Galicia é insuficiente, xa que aporta 12 euros por hora na modalidade de dependencia, cando o custo por hora no contrato é de 21, e nin un só euro na modalidade de libre concurrencia”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Nese sentido, considera necesario “que a Xunta de Galicia asuma o total do custo en dependencia, ao ser unha competencia autonómica, e aporte cartos para a modalidade de libre concurrencia”.

No caso do SAF de libre concurrencia, no ano 2023 tivo un coste de 402.653,35 euros, dos que a Xunta de Galicia non achegou nada.

“Este importe pagouse integramente entre fondos propios do concello, a achega mínima que fan os usuarios do servizo e os 200.000 euros que achega a Deputación de Lugo”, explica a alcaldesa.

A Deputación de Lugo achega esta cantidade de 200.000 euros a través do Plan Deputación e ademais, neste ano 2024, asinouse co ente provincial un convenio por importe de 132.000 euros para o SAF de libre concurrencia.

“Uns cartos da Deputación que poderiamos destinar a outras necesidades do concello se a Xunta asumise as súas competencias en materia de benestar social, en vez de trasladarlle esta responsabilidade aos concellos”, engade Loureiro.

A Deputación de Lugo aporta polo tanto unha parte importante para este servizo, mentres que por parte da Xunta de Galicia non se concede ningún tipo de axuda para SAF de libre concurrencia, colaborando unicamente co SAF de dependencia.

Durante a tramitación deste procedemento de contratación, o concello garantiu a prestación deste servizo tan importante e prioritario, xa que o SAF mira polo benestar básico das persoas con vulnerabilidade, sendo polo tanto unha piar fundamental para o concello.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...