InicioOccidentalViveiroViveiro estrea un mural para promover 'A Protección da Auga'

Viveiro estrea un mural para promover ‘A Protección da Auga’

O proxecto está impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Publicada o

- Advertisement -

Unha obra gañadora do Concurso de Murais ‘People @ Planet’, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e cofinanciado polo programa DEAR da Comisión Europea, luce xa na zona de Sillero, Celeiro.

O mural de Viveiro é de Raúl Manero, alias Raúl de Carmen, e representa os ríos galegos como símbolos de pureza e de vida, mediante unha base en branco e negro sobre a que un trazado case cartográfico proporciona cor e movemento.

“Estas arterias acuáticas, esencia da nosa paisaxe, teñen un papel chave na sustentabilidade e no desenvolvemento da comunidade, de aí que a obra convide a coidalas, como redes que nos tecen”, explica o artista.

Alén desta capacidade evocadora, o xurado valorou a técnica da obra, abstracta pero propia, que espertará a curiosidade en quen a observe. Está na fachada do local de ensaio de Sillero.

Os murais seleccionados resultaron ser os que mellor ilustran o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 6, que chama a “garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todas as persoas”.

A concelleira Lara Fernández Fernánez-Noriega forma parte da executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, “impulsado proxectos moi importantes en zonas do mundo con extrema pobreza, polo que fago un chamamento a outros concellos a colaborar co fondo, como facemos desde Viveiro”.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...