InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro fala de "descaro" da alcaldesa por reclamar reunións...

O PP de Viveiro fala de “descaro” da alcaldesa por reclamar reunións coa Xunta

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, censura o “descaro” da alcaldesa socialista de Viveiro ao reclamar reunións cos representantes da Xunta toda vez que “non acode a falar con eles cando os ten a pé de rúa no noso municipio”.

A popular considera que “é a rexedora socialista a que os despreza cando veñen a Viveiro ao non acudir ás visitas a pesar de estar convidado o Concello. É unha falta de respecto institucional”, subliña.

Gueimunde lembra que “o conselleiro do Mar e o presidente de Portos de Galicia estiveron en Celeiro o pasado 3 de setembro para comprobar o remate das obras de ampliación de prazas de amarre que supuxeron un investimento de 650.000 € por parte da Xunta, pero non acudiron nin a alcaldesa nin ningún outro membro do seu goberno”.

Do mesmo xeito, “tampouco asistiron os representantes do Concello en xaneiro deste ano ao acto de entrega das obras do saneamento de Celeiro ás que o Goberno galego dirixiu 4M€ e ao que acudiu o delegado territorial da Xunta”.

A portavoz municipal do PP pregúntase “se o que pretendía a alcaldesa era ir a Santiago para cobrar dietas dobres, como fan os membros do goberno municipal cada vez que acoden a facer xestións á sede da administración autonómica na capital de Galicia”.

ÚLTIMAS

O Goberno central asegura que “moi pronto” haberá novas positivas para o futuro de Alcoa

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, mostrouse "convencida" de que "moi pronto"...

O alcalde de Foz delega na concelleira do BNG, Zoraida Coira as competencias na residencia de maiores

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, xoves, o decreto para a delegación...

Finalizan as celebracións polo centenario da Confraría de Pescadores de Burela

A confraría de pescadores San Juan Bautista de Burela culminou a celebración do seu...

Os socialistas de Mondoñedo reclaman usar o vehículo de Protección Civil só para emerxencias

Os Socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP de Mondoñedo a utilizar o vehículo de...