InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

"Dende o Concello estivemos chamando varias veces para ver cando podería ser esta reunión, pero aínda a día de hoxe segue pendente, a pesar de ser una cuestión urxente para o noso concello e para a veciñanza", sinala a alcaldesa, María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións de reunións para tratar diferentes cuestións de urxencia que levan meses sen resposta.


Unha delas, solicitada no pasado mes de maio, sería con Portos de Galicia para tratar diversos asuntos relativos a este ámbito.


Entre os puntos a tratar estarían a explanada na que se atopa o antigo Casino de Viveiro, a situación do Peirao de Viveiro, a humanización da zona entre Viveiro e Celeiro, ou temas relacionados coa rampla contigua á ponte da Misericordia no paseo marítimo, que se atopa moi deteriorada.


Outra reunión sería coa Consellería de Educación para tratar a situación do Conservatorio de Viveiro. A cita volveuse pedir no pasado mes de xaneiro despois dunha solicitude aínda anterior.


“Dende o Concello estivemos chamando varias veces para ver cando podería ser esta reunión, pero aínda a día de hoxe segue pendente, a pesar de ser una cuestión urxente para o noso concello e para a veciñanza”, sinala a alcaldesa, María Loureiro.


“Viveiro é o tercero concello máis poboado da provincia de Lugo, e nin aínda así é atendido pola Xunta de Galicia a pesar das nosas reiteradas petición”, lamenta a rexedora.


“Chamamos e falamos en varias ocasión coas consellerías, buscamos todos os xeitos posibles para axendar as reunións, pero seguimos á espera de resposta algunha”, remata Loureiro.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...