InicioOccidentalViveiroOs 'populares' de Viveiro acusan ao goberno local de abandono do rural

Os ‘populares’ de Viveiro acusan ao goberno local de abandono do rural

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro afea que “PSOE e BNG abandonan aos veciños do rural ao desatender necesidades básicas coma o abastecemento de auga”. De feito, en dúas décadas de goberno do PSOE con apoio do BNG non se investiu nada no abastecemento da zona rural. Nin sequera o contemplaron nos presupostos do 2024 recentemente aprobados”. A portavoz, Mariña Gueimunde, condena que “os problemas na rede de abastecemento de auga que afecta ás parroquias de Galdo, Landrove e Magazos non sexa unha prioridade para a alcaldesa, a señora Loureiro, nin para o resto do seu goberno bipartito incluída a tenente de alcaldesa, a señora Bermúdez”.

A proposta do Grupo Municipal Popular para investir na posta a punto da rede de abastecemento de agua destas parroquias o resultante das contías de gasto reservadas no presuposto 2024 para a Policía Local e que non foron executadas ao levar 6 meses sen este servizo foi rexeitada polo voto de calidade da alcaldesa tras darse un empate na votación cos 7 votos a favor do PP, 7 en contra de PSOE e BNG -que a tenente de alcaldesa intentou xustificar botando a culpa a que hai que pedir permisos sectoriais, pero tempo tiveron en 22 anos para solicitalos- e a abstención de XViveiro. “A propia alcaldesa decidiu negarlles esta solución aos veciños e veciñas destas tres parroquias que sufriron continuos cortes de auga sen previo aviso causando trastornos na súa vida diaria”, incide a popular.

Gueimunde indica, ademais, que durante o pleno o goberno local revelou que “as partidas reservadas para a Policía Local que non se chegaron a gastar por estar os efectivos de baixa nestes 6 meses e que ascenden a uns 153.000 € xa case está empregada en gasto corrente. Só quedan pouco máis de 4.000 €”. A súa maior parte, uns 85.000 € foron gastados en actividades culturais, deportivas e festivas. Así os populares deducen que “o goberno local non fai nada por axilizar a resolución do problema na plantilla da Policía Local, pero si se apura a mover os cartos que lle correspondería pagar ao Concello como cota de Seguridade Social dos efectivos para outros asuntos”.

Os populares lembran, ademais, que “o orzamento municipal foi aprobado a comezos de xullo e o goberno local xa tiña consignado unha partida de 115.000 € para festas. Pero a súa previsión foi tan mala que un só mes despois esa cantidade xa era suficiente e decidiron botar man de 85.000 € do diñeiro que non gastaron coa Policía Local”.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....