InicioOccidentalViveiroViveiro destaca que os traballos en Pernas Peón avanzan a bo ritmo

Viveiro destaca que os traballos en Pernas Peón avanzan a bo ritmo

"Taláronse exclusivamente árbores enfermas e en mal estado ao representar un risco para a seguridade e o bo desenvolvemento do proxecto, unha medida necesaria para garantir a saúde do ecosistema", apunta a tenenta de alcaldesa, Miriam Bermúdez

Publicada o

- Advertisement -

As Concellerías de Obras e Medioambiente do Concello de Viveiro informan de que os traballos no Parque Pernas Peón “avanzan a bo ritmo con novas plantacións de árbores, grazas á subvención de 105.897,25€ de fondos europeos recibida”.


A tenenta de alcaldesa de Viveiro e concelleira responsable destas áreas, Míriam Bermúdez, explica que estas actuación “teñen como principal obxectivo mellorar a accesibilidade e naturalizar o parque, transformándoo nun espazo máis integrado coa contorna natural da praia de Covas”.


“Un aspecto clave deste proxecto é a nova plantación de árbores, arbustos e vivaces que se realizará para incrementar a biodiversidade”, destaca Bermúdez. “Non só buscamos embelecer o parque, senón tamén facer un uso sostible dos recursos naturais, creando un espazo verde máis aberto e accesible”, engade.


A plantación de árbores incluíe ás seguintes especies, todas elas con troncos de entre 12 e 16 centímetros de diámetro: nove liquidambar styraciflua, unha fraxinus ornus, unha tipuana tipu, unha acer rubrum, unha erytrina crista-galli e unha Sorbus aucuparia. Ademais, plantaranse un total de 155 arbustos e 441 vivaces.


“Taláronse exclusivamente árbores enfermas e en mal estado ao representar un risco para a seguridade e o bo desenvolvemento do proxecto, unha medida necesaria para garantir a saúde do ecosistema”, apunta a tenenta de alcaldesa.


As obras tamén incluíron a eliminación de tocos e a retirada dunha parte do muro que delimita a zona norte do parque, mellorando o acceso cara á praia de Covas.


A creación dun paso de peóns elevado, a pavimentación dos accesos ao restaurante e aseos públicos e a construción dunha beirarrúa de 3 metros de ancho forman tamén parte das melloras, que permitirán unha mellor accesibilidade no parque.


Bermúdez subliñou que “a nova beirarrúa mellorará considerablemente a accesibilidade, permitindo que todas as persoas poidan desfrutar deste espazo público sen limitacións de ningún tipo”.


“Estas actuacións, financiadas nun 90% polos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea, seguen en tempo e forma, permitindo finalizar as obras conforme ao prazo previsto e convertendo o Parque Pernas Peón nun espazo máis natural, accesible e diversificado”, conclúe.

ÚLTIMAS

O Goberno central asegura que “moi pronto” haberá novas positivas para o futuro de Alcoa

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, mostrouse "convencida" de que "moi pronto"...

O alcalde de Foz delega na concelleira do BNG, Zoraida Coira as competencias na residencia de maiores

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, xoves, o decreto para a delegación...

Finalizan as celebracións polo centenario da Confraría de Pescadores de Burela

A confraría de pescadores San Juan Bautista de Burela culminou a celebración do seu...

Os socialistas de Mondoñedo reclaman usar o vehículo de Protección Civil só para emerxencias

Os Socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP de Mondoñedo a utilizar o vehículo de...