InicioOccidentalViveiroViveiro destaca o traballo das entidades sociais na sinatura de convenios

Viveiro destaca o traballo das entidades sociais na sinatura de convenios

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro asinou os convenios de colaboración coas entidades sociais locais, mantendo o seu compromiso coa Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e a Asociación Saúde Mental A Mariña.

Os convenios, de 30.000 euros para Aspanane e AFA, e 12.000 euros para a Asociación Saúde Mental, sirven coma axuda para as actividades destas entidades nos anos 2023 e 2024.

“A integración social das persoas con algún tipo de discapacidade, a saúde mental e a colaboración cos veciños e veciñas que teñen alzheimer e as súas familias son unha prioridade para o concello”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

A colaboración do concello non se limita a estes convenios de colaboración. Atende tamén otro tipo de demandas, cedendo locais ou xestionando coa Deputación de Lugo obras e actuacións de mellora nas súas instalacións.

“Toda axuda é pouco, son entidades fundamentais no tecido asociativo local, cun esforzo e traballo diario moi importantes”, engade Loureiro.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...