InicioOccidentalViveiroMaría Loureiro destaca "a importancia da educación universitaria a distancia en Viveiro"

María Loureiro destaca “a importancia da educación universitaria a distancia en Viveiro”

A rexedora de Viveiro mantivo unha reunión na Casa do Concello coa directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, na que ambas responsables compartiron os logros do pasado ano académico e repasaron os plans futuros para este curso 2024/2025

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca a importancia da educación universitaria a distancia no concello con motivo do inicio dun novo curso académico.


A rexedora mantivo unha reunión na Casa do Concello coa directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, na que ambas responsables compartiron os logros do pasado ano académico e repasaron os plans futuros para este curso 2024/2025.


Loureiro subliña “o considerable incremento no número de matrículas e na participación activa do estudantado de Viveiro nos últimos anos, unha tendencia que, polo que vemos neste novo curso, segue a afianzarse”.


“Isto está sendo posible grazas á constante colaboración entre a UNED e o Concello, compartindo o compromiso de seguir traballando para desenvolver novos proxectos que beneficien a ambas partes”
, sinala a alcaldesa.


“Un dos proxectos máis especiais no municipio é UNED Sénior, que fomenta o envellecemento activo proporcionando acceso á educación superior ás persoas maiores”, indica.


“Ademais, no curso 2025/2026 entrará en vigor o novo grao en matemáticas, un dos novos programas académicos que se implantarán no noso Concello”, engade Loureiro. “Seguimos ademais mellorando as infraestruturas tecnolóxicas para garantir o acceso de todas as persoas a unha educación de calidade”, conclúe.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...