InicioOccidentalViveiroViveiro acolle a exposición 'Heroínas de tódolos días' desde este venres

Viveiro acolle a exposición ‘Heroínas de tódolos días’ desde este venres

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle este venres 6 de setembro, ás 19:15 horas na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, a inauguración da mostra “Heroínas De Tódolos Días”. Trátase dunha serie de pinturas de Camino Casabella, acompañadas de textos escritos tamén pola artista.


A exposición, organizada coa colaboración do Concello, poderase visitar, con entrada libre, ao longo de varios días. O sábado 7 de setembro estará dispoñible de 10:00 a 14:00 horas; o venres 13, de 16:30 a 20:30 horas; e o sábado 14, de 10:00 a 14:00 horas.


En palabras de Camino Casabella, a mostra é unha homenaxe “a unha serie de mulleres ordinarias que fan cousas extraordinarias cada día”. “Decidín poñelas en primeiro plano, porque as mulleres foron fundamentais no pasado, e son clave para o presente e o futuro”, sinala a artista.


“A lista destas mulleres é diversa e infinita, xente guapa coma Sinéad O’Connor, Carola Rackete, Rosa Parks, Fernanda Arrojo ou Vero Boquete, entre moitas outras”, enumera Casabella. “A súa resistencia fronte a actitudes represoras é un exemplo de feminismo persistente e apoderado que non vemos a miúdo, pero que chegou para quedar”, indica.


“O meu propósito é poñer no foco de atención as historias da vida e da carreira destas mulleres; todas elas queren traballar para contribuír á sociedade, e fan fronte a grandes desafíos co propósito de superalos”, explica a creadora da exposición.


“Son mulleres abrindo camiño para que máis mulleres se adiquen a profesión tradicionalmente dominadas polos homes, mulleres pioneiras que rachan estereotipos de xénero e adoitan roles de liderado, mulleres que axudan a outras a acadar as súas metas”, engade.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...