InicioOccidentalViveiroO Atrio de Santa María en Viveiro acolle este xoves a Ruada...

O Atrio de Santa María en Viveiro acolle este xoves a Ruada de Contos

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que esta iniciativa pretende "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro continúa coa programación da súa Ruada de Contos 2024, con dous novos contos esta semana no Atrio de Santa María.


O primeiro será “Fazulas e o ladrón de paraugas”, a cargo de Bandullo Azul, no día de mañá, xoves 5 de setembro. O seguinte será “As nosas letras” do Mago Teto, ao día seguinte, o venres 6 de setembro.


En ambos casos, os contos comezarán ás 19:00. En caso de choiva, a actividade trasladarase do Atrio de Santa María á sala multiusos do Concello de Viveiro.


A Ruada de Contos é una iniciativa xa consolidada no verán para a cativada viveirense, e esta nova edición tivo comezo no pasado mes de agosto.


A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que esta iniciativa pretende “converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos”.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...