InicioOccidentalViveiroViveiro leva a pleno o convenio para as obras na Xunqueira

Viveiro leva a pleno o convenio para as obras na Xunqueira

No convenio participan Concello, Deputación de Lugo e Augas de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro leva ao pleno municipal desta tarde a aprobación do convenio coa Deputación de Lugo e Augas de Galicia para realizar as obras que eviten as inundacións no barrio da Xunqueira.


A actuación, para aumentar a capacidade hidráulica do río Fontecova nun tramo de algo menos de 300 metros, suporá un investimento de preto dun millón de euros.


Despois de numerosas xestións realizadas pola alcaldesa, María Loureiro, realizaranse estas melloras estruturais. “Unhas obras moi necesarias e que terán un impacto enorme na vida dos veciños e veciñas”, explica.


O convenio de colaboración é de tres anualidades. En 2024 o Concello de Viveiro vai pagar 2.217,34 euros; en 2025 vai pagar 95.065,70 euros; e en 2026 vai pagar 95.065,70 euros. É dicir, un total de 192.348,74 euros.


Entre as actuacións máis relevantes está prevista a ampliación do leito do río, con novos muros de contención; a renovación e ampliación da ponte existente pouco máis arriba da estrada autonómica LU-540; a creación dunha obra de drenaxe pegada á ponte medieval Camiño da Fonte; a instalación dunha nova zona verde ao final da rúa na que se situará a fonte pública; e o traslado do actual lavadoiro, que se instalará máis abaixo do curso do río.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...