InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro pide ao goberno local explicacións cos avances realizados...

O PP de Viveiro pide ao goberno local explicacións cos avances realizados para solicitar obradoiros de empregos

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro pide que no vindeiro pleno o goberno de PSOE e BNG explique os avances realizados para solicitar obradoiros de emprego para o municipio na vindeira convocatoria, toda vez que este ano xa non foi solicitado. Así mesmo, os concelleiros do PP queren que explique as xestións para a mellora de instalacións municipais ou para conseguir o uso doutros espazos para que, nun futuro non afastado, o noso concello poida contar con obradoiros para desempregados.

Os concelleiros populares recordan que no pleno do 6 de marzo defenderon unha iniciativa, aprobada por unanimidade, para que o Concello de Viveiro impulsase a solicitude dos obradoiros para desempregados, incluíndo os de garantía xuvenil, para a súa posterior implantación co obxectivo de promover a inserción laboral.

Os concelleiros do PP recordan que hai anos que Viveiro non se beneficia dos obradoiros de emprego que promociona a Xunta de Galicia e que “cremos son necesarios para incentivar a formación e promover a inserción laboral tanto entre os mozos como entre os adultos cuxa situación está comprometida”.

Os veciños de Viveiro reclaman estes servizos, pero en vista de que o noso concello non os solicita, teñen que acudir aos concellos veciños a anotarse para poder realizalos. “Sendo tantos desempregados os que acoden a inscribirse, saturan as listas e moitos deses demandantes quedan sen a oportunidade de formarse”, subliñan.

Viveiro conta con entidade suficiente para promover a título individual estes obradoiros e, ademais, etn unha media de paro superior a 500 habitantes no 2023, requisito que figura na Orde que establece as bases reguladoras das axudas e subvenciones para os obradoiros duais de emprego para o 2024.

Estes programas experienciais de emprego e formación teñen por finalidade mellorar a ocupación das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

“A formación é algo necesario e enriquecedor, polo que non comprendemos o motivo polo cal este tipo de obradoiros non se solicitan”, denuncian dende o PP local.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da asemblea de traballadores

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, traslada un informe...

Presentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro sábado 21 de...

Continúa a Semana da Infancia en Burela con actividades para todos e todas

A Semana da Infancia organizada polo Concello de Burela continúa esta semana co desenvolvemento...

Presentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu...