InicioOccidentalViveiroViveiro será escenario do encontro entre os presidentes de Galicia e Asturias

Viveiro será escenario do encontro entre os presidentes de Galicia e Asturias

O encontro xirará arredor das financiacións singulares que necesitan Galicia e Asturias, do turismo e dos sectores estratéxicos: do sector primario á reindustrialización

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será o escenario do encontro anual entre os presidentes da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o Principado de Asturias, Adrián Barbón.

A VI edición dos ‘Encontros no Eo’, organizados por La Voz de Galicia, La Voz de Asturias e Banco Sabadell, será no Teatro Pastor Díaz o próximo 12 de setembro ás 12:00 horas. Posteriormente, servirase un almorzo frío no concello.

O encontro xirará arredor das financiacións singulares que necesitan Galicia e Asturias, do turismo e dos sectores estratéxicos: do sector primario á reindustrialización.

“Para o Concello de Viveiro, acoller este tipo de encontros é unha oportunidade máis para amosar a nosa vila e o pobo acolledor que somos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...