InicioOccidentalViveiroA nova ordenanza de convivencia en Viveiro busca "mellorar a calidade de...

A nova ordenanza de convivencia en Viveiro busca “mellorar a calidade de vida dos veciños”

“A ordenanza aborda tamén a necesidade de que os propietarios de solares os manteñan en boas condicións, facendo referencia a casos específicos como a parcela situada preto da pizzería Variante, o Pazo Malates ou a zona do Rego das Flores”, engade a tenenta de alcaldesa Miriam Bermúdez

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Viveiro, dirixida pola tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez, anuncia a elaboración da nova Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos, que se prevé aprobar no pleno deste mes de setembro.


“Esta ordenanza ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos veciños e a protección do medio ambiente, en consonancia cos principios da economía circular e o deber de conservar un entorno urbano limpo e saudable”, explica Míriam Bermúdez.


No concello de Viveiro hai máis de 3.000 cans rexistrados con chip, polo que resulta indispensable tomar medidas que aseguren un control axeitado da limpeza viaria e a correcta xestión dos residuos xerados polos animais. É habitual ademais atopar enseres como mobles ou electrodomésticos abandonados en lugares non autorizados, o que supón un perigo e deterioro da imaxe da nosa vila.


“A ordenanza aborda tamén a necesidade de que os propietarios de solares os manteñan en boas condicións, facendo referencia a casos específicos como a parcela situada preto da pizzería Variante, o Pazo Malates ou a zona do Rego das Flores”, engade a tenenta de alcaldesa.


Unha mención especial merece a problemática das cabichas, que adoitan ser tiradas á vía pública e acaban frecuentemente nas alcantarillas de pluviais.


Esta práctica ten consecuencias moi graves, pois as cabichas acaban nas rías, contaminando a auga e prexudicando o ecosistema mariño. Por isto, faise un chamamento á cidadanía para que abandone este hábito nocivo e colabore na preservación do medio ambiente.
Outra cuestión preocupante é o uso incorrecto dos contedores de lixo. Moitas persoas deixan as bolsas de lixo fóra dos contedores por non agardar ao horario establecido para o quita e pon, ou non respectan o depósito de cada fracción no seu contedor correspondente.


“Estas prácticas non só contribúen á sucidade das rúas, senón que tamén dificultan o traballo dos servizos de recollida e xestión de residuos, ademais de impactar negativamente no medio ambiente. Por tanto, desde a Concellería de Medio Ambiente faise un chamado ao respecto destas normas básicas para garantir un Viveiro máis limpo e sostible”, remata.

Sancións

A Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos recolle infracións leves (sanción de 50 a 750 euros) por tirar tirar cabichas, papeis, chicles ou outros desperdicios na rúa; non manter limpos solares; non manter limpa a área ocupada por terrazas ou veladores de bares e restaurantes, ou non recoller as feces dos animais domésticos.


Infraccións graves (sanción de 751 a 1.500 euros) por actuacións que atenten contra a integridade física de terceiros, a seguridade ou a salubridade públicas; cometer tres infraccións leves nun ano; obstaculizar as labores de inspección do Concello para asegurar o cumprimento da Ordenanza; realizar pintadas en elementos estruturais, beirarrúas, mobiliario urbano, muros e paredes, ou depositar residuos voluminosos na vía pública sen previa comunicación e confirmación da empresa concesionaria.


Por último, recolle infracións moi graves (sanción de 1.501 a 3.000 euros) por actuacións que causen danos graves ao medio ambiente ou poñan en perigo a saúde ou seguridade das persoas; crear ou utilizar vertedoiros non controlados, ou o abandono ou vertido de residuos perigosos.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...